COMUNICADOS A CLIENTES
Cambios nas condicións de roaming e internacional. Toma nota!
Comunicámosche que partir do 3 de marzo, cambian as condicións e prezos en servizos de roaming e internacional. Segue lendo e decátache das novidades!
✔️Internacional
Reino Unido deixa de pertencer á zona regulada, polo que as chamadas con orixe España e destino Reino Unido terán un custo de 0,90€ establecemento de chamada e 0,5€ prezo por minuto. Os SMS enviados terán un custo de 0,90€. Prezos IVE incluído (consulta as novas condicións no documento).
Finaliza a promoción de chamadas con orixe España (desde fixo e móbil) a destino Ucraína. O prezo por establecemento de chamada é de 0,90€ e 1,6€ prezo por minuto. Os SMS enviados terán un custo de 0,90€. Prezos IVE incluído (consulta as novas condicións no documento).
Establecemento de chamadas (países fóra da UE) 0,90€ (IVE incluído). Exceptuando Marrocos cun prezo de 0,12€ e Diego García de 2,90€.
O prezo por minuto das chamadas a países fóra da UE será de 1,1€ ou 1,6€ ou 2,5€ ou 6€ en función do país ao que chames (consulta as novas condicións no documento).
SMS (países fóra da UE): 0,90€ (IVE incluído).
✔️Roaming
Reino Unido deixa de pertencer á zona regulada, polo que os SMS, datos e chamadas en función do país desde o que a realices pasan a ter un prezo especial (consulta as novas condicións no documento).
Novos prezos de chamadas e países en función da zona (consulta as condicións no documento).
SMS Roaming: 1,5€ (IVE incluído).
AXUSTE IPC 2025
Queremos informarvos sobre unha recente actualización do Índice de Prezos ao Consumidor (IPC) e a consecuente subida de prezos do noso sector que comportou un axustamento a algunha das nosas tarifas.
Implementaremos un pequeno incremento dun 4% a estas tarifas para reflectir estes cambios económicos. Esta medida permítenos manter a calidade dos nosos servizos e continuar ofrecendo a mellor atención ao cliente de todo o estado.
Estes cambios aplicaranse a partir do día 1 de xaneiro de 2025 e veranse reflectidos á túa factura que recibirás a inicios de febreiro.
PRODUTOS AFECTADO POLO INCREMENTO DO IPC
Excepto produtos contratados a partir do 1 de xullo, o resto de produtos ven afectado polo incremento.
Para maior información podes chamar ao 602 247 247.