Comunicacións - Toxo Empresas

Ofertas de Fibra e fixo para o teu negocio

  • Fibra ata 1 Gbps
  • Teléfono fixo
  • IP fixa incluida
  • Backup 4G
  • Atención personalizada PRO

Queremos darche a maior estabilidade e robustez nas túas comunicacións e sabemos que a túa tranquilidade é que o teu negocio estea sempre operativo.

Tarifas de Fibra PRO

Fibra 300 Mbps

  • Fibra 300 Mbps
  • Teléfono fixo
  • IP fixa
  • Backup 4G
  • Atención personalizada PRO
56'99€/mes
+ IVE
+ info

Fibra 600 Mbps

  • Fibra 600 Mbps
  • Teléfono fixo
  • IP fixa
  • Backup 4G
  • Atención personalizada PRO
60'99€/mes
+ IVE
+ info

Fibra 1 Gbps

  • Fibra 1 Gbps
  • Teléfono fixo
  • IP fixa
  • Backup 4G
  • Atención personalizada PRO
64'99€/mes
+ IVE
+ info
Comproba se a Fibra de Toxo chega ata a túa casa

Solucións VoIP para empresas

Faite cun sistema de telefonía VoIP para empresas con características melloradas e sen complicacións, que che axudará a comunicarte de maneira máis fiable, eficiente e económica.

Contacta connosco e estudaremos o teu caso concreto para ofrecerche unha solución 100% á túa medida.

Qué é unha Centralita Virtual?

Unha centralita virtual é un sistema de comunicación avanzado na nube que permite ás empresas facer e recibir chamadas utilizando unha conexión a Internet en lugar dunha liña telefónica tradicional. Ofrece características de telefonía para empresas máis sólidas que inclúen o enrutamento de chamadas, colas de chamadas, grabación, asistentes automáticos e extensións virtuais.

Ó estar aloxada na nube, a central virtual pode ser escalable e flexible, o que significa que pode adaptarse ás necesidades cambiantes das empresa en termos de volume de chamadas e capacidade.

Cales son as vantaxes principais de utilizar unha centralita telefónica virtual?

  • Servizos 100% Cloud: dispoñible en calquera lugar con conexión a Internet
  • Aforro de custos
  • Integración fácil e rápida coa máxima compatibilidade
  • Mellora da productividade corporativa
  • Configuración a medida das necesidades de cada cliente

Queres saber máis?

Contacta con nós e resolveremos calquera dúbida que poidas ter.