Tras contratar unha tarifa móbil, Toxo Telecom envía ó teu enderezo a tarxeta SIM ou a prepara para recollida en tenda, en función da túa selección. Dependendo do teléfono móbil que teñas, aceptará un tamaño ou outro. Pero... non te preocupes, non é necesario que nos especifiques que terminal utilizas, xa que che faremos chegar unha tarxeta SIM troquelada, polo que terás a túa disposición tódolos tamaños. Con esto queremos decir que nunca te quedarás con cara de circunstancias porque a túa tarxeta SIM non cabe no teu móbil ou porque non está ben suxeita dentro de este.
De esta maneira, cando recibas a túa SIM deberás consultar as características do teu teléfono móbil para confirmar cal é o tamaño ó que da soporte: Mini-SIM, Micro-SIM ou Nano-SIM. Unha vez o saibas, simplemente terás que recortar manualmente sobre o tamaño deseado e insertar a tarxeta SIM no teléfono móbil. Iso si, se elixes os tamaños máis pequenos recomendámosche que conserves o plástico sobrante para que poidas reutilizar a túa SIM se decides cambiar de teléfono móbil.
A nosa cobertura móbil é 5G de triple rede, Yoigo/Orange/Movistar, co cal disporás de señal de voz e datos na maior parte do territorio nacional.