Roaming e chamadas internacionais

Internacional

÷ O Reino Unido deixa de pertencer á zona regulada, polo que as chamadas con orixe España e destino Reino Unido terán un custo de 0,90€ polo establecemento da chamada e 0,5€ por minuto. Os SMS enviados terán un custo de 0,90€. Prezos con IVE incluído (consulta as novas condicións no documento).

÷ Remata a promoción de chamadas con orixe España (desde fixo e móbil) e destino Ucraína. O prezo polo establecemento da chamada é de 0,90 € e 1,6 € por minuto. Os SMS enviados terán un custo de 0,90€. Prezos con IVE incluído (consulta as novas condicións no documento).

÷ O establecemento de chamadas (países fóra da UE) ten un custo de 0,90 € (IVE incluído). Agás Marrocos, cun prezo de 0,12 €, e Diego Garcia, cun prezo de 2,90 €.

÷ O prezo por minuto das chamadas a países fóra da UE será de 1,1€, 1,6€, 2,5€ ou 6€, segundo o país ao que chamas (consulta as novas condicións no documento).

÷ Os SMS (países fóra da UE) teñen un custo de 0,90 € (IVE incluído).

 

Roaming

÷ O Reino Unido deixa de pertencer á zona regulada, polo que os SMS, datos e chamadas, en función do país desde o que se realicen, terán un prezo especial (consulta as novas condicións no documento).

÷ Novos prezos de chamadas e países segundo a zona (consulta as condicións no documento).

÷ SMS en Roaming: 1,5€ (IVE incluído).

 

Que é o Roaming?

O roaming é un servizo que che permite utilizar o móbil no estranxeiro do mesmo xeito que se estiveses na casa: podes navegar, falar por teléfono, enviar mensaxes e usar as apps sen ter incrementos imprevistos na túa factura. O roaming sempre está desactivado de forma predeterminada.

 

Como podo ter conexión a internet desde o estranxeiro:

Para navegar por internet desde o estranxeiro e ter un bo funcionamento, recoméndase activar os datos antes de saír do país; porén, tamén se pode activar unha vez chegues ao país de destino, reiniciando o terminal e a itinerancia de datos. Para activar a opción de itinerancia de datos debes facelo desde a configuración do móbil.

Como activar o Roaming de Toxo? Para activar o roaming poderás facelo das seguintes maneiras:

Tes que solicitalo chamando ao número de atención ao cliente, 900 73 27 27, ou poñéndote en contacto connosco a través do correo info@toxotelecom.com.

Se xa estás no estranxeiro, podes chamar ao teléfono +34 602 247 247 desde outro terminal.

 

Podo desactivar os meus datos de roaming?

Por defecto, todas as nosas liñas teñen o roaming desactivado. Se algunha vez nos solicitaches activalo, ponte en contacto connosco para que o volvamos desactivar.

 

Cal é a diferenza entre roaming e chamadas internacionais?

O roaming é o servizo que nos permite usar a liña móbil no estranxeiro e, en función do país no que nos atopemos, ese uso pode ter un custo adicional. En cambio, as chamadas internacionais son aquelas que realizamos desde o noso país de orixe a un número telefónico doutro país.

 

Prezo dos datos en Roaming

Zona 1 (Unión Europea)

Se viaxas a un país da Unión Europea e asociados, cando chegues ao país de destino, se tes o servizo de roaming activo e a opción de itinerancia de datos, o móbil conectarase automaticamente á rede de internet.

Os países dentro da Zona 1 son: Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Xibraltar, Grecia, Guadalupe, Güiana Francesa, Holanda, Hungría, Irlanda, Illa Martinica, Illa Martinica, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Moldavia, Noruega, Polonia, Portugal (Madeira e Azores), República Checa, Ucraína, Romanía, Suecia.

 

Tarifa Mellorada

 Se viaxas fóra da Unión Europea, nalgúns países disporás dunha tarifa a 25€/GB. Lembra que, para poder conectarte a internet cos datos da túa tarifa, deberás activar o roaming antes de marchar e ter activa a opción de itinerancia de datos no teu dispositivo móbil. Unha vez no teu destino enviarémosche un SMS e deberás seguir as indicacións para desbloquear os datos. Os datos móbiles estarán bloqueados de forma predeterminada para evitar sobrecustos na túa factura.

Países con Tarifa Mellorada: Andorra, Alxeria, Arxentina, Armenia, Australia, Acerbaixán, Bielorrusia, Bolivia, Bosnia e Hercegovina, Brasil, Cabo Verde, Canadá, Chile, China, Colombia, Costa Rica, Ecuador, Egidor, Exipto, Guatemala, Honduras, Hong Kong, India, Indonesia, Illa de Man, Illas Feroe, Israel, Xapón, Jersey, Casaquistán, Kirguizistán, Kosovo, Macao, Malaisia, Marrocos, México, Mónaco, Montenegro, Nicaragua, Paraguai, Perú, Puerto, Rusia, Serbia, Singapur, Sri Lanka, Suíza, Tailandia, Taiwán, Taxiquistán, Turquía, Uruguai, EE.UU., Uzbekistán, Vietnam.

 

Resto do mundo.

O servizo de datos móbiles queda permanentemente desactivado para evitar incidencias de facturación. Estatisticamente, as conexións realizadas nestes países son mínimas e case todas elas accidentais. O prezo dos datos nesta zona supera os 25€/GB. Os servizos de voz e SMS permanecen activos ao prezo detallado anteriormente.


 

Chamadas internacionais

Que diferenza existe entre o Roaming e as chamadas internacionais?

O roaming cobre todas as chamadas realizadas e os datos de navegación desde que te conectes a un operador estranxeiro. Porén, cando fas chamadas desde territorio español a calquera fixo ou móbil internacional, cargaranse custos fóra da tarifa a menos que teñas o abono de chamadas internacionais.

 

Tarifas internacionais



Política de uso razoable

O límite mínimo de datos que podes utilizar en roaming dentro da UE calcúlase a partir do prezo de tu tarifa nacional. Canto máis alta sexa a cota mensual, máis datos terás dispoñibles en roaming.

A normativa europea establece que este límite debe ser, como mínimo:

Límite de datos en roaming = o dobre do resultado de dividir o prezo da túa tarifa (sen IVE) entre un valor €/GB establecido pola normativa europea.

A normativa europea fixa un valor en euros por xigabyte que serve como referencia para calcular o límite mínimo de datos dispoñibles en roaming. Este valor cambia cada ano e permite un cálculo transparente e verificable. Para 2026, o valor vixente é  1,10 €/GB.

Este valor actualízase cada ano conforme a normativa europea e pode modificar o límite mínimo de datos dispoñible en roaming.

As recargas só se aplicarán cando o cliente superase o límite de datos resultante da fórmula de uso razoable. En ningún caso o importe destas recargas poderá supera-los valores máximos establecidos pola normativa europea vixente.

Ademais do límite de datos calculado segundo a política de uso razoable, a normativa europea establece diversos indicadores que permiten detectar un uso potencialmente indebido do servizo en roaming. Estes criterios aplícanse para garantir que o servizo se utiliza principalmente dentro do país de orixe.

Consideraranse situacións de uso abusivo, entre outras:

  • Presenza prolongada fóra de España, cando a maior parte do tempo o dispositivo se encontre rexistrado en redes doutros países.
  • Uso predominante ou exclusivo do servizo en roaming, cun consumo significativamente superior fóra de España durante un terriodo prolongado.
  • Activación e uso secuencial de múltiples tarxetas SIM con patróns de consumo irregulares que poidan indicar un uso non persoal ou non conforme coa finalidade do servizo.