Tarifas de Fibra + Móbil

Escolle a tarifa de fibra + móbil que mellor se adapte ás túas necesidades e leva ata 3 liñas con tripla cobertura (sempre estarás conectado!) entre as que poderás compartir os GB.

Queres compartir GB?

Podes compartir GB con ata tres liñas móbiles no teu mesmo contrato!

Quero GB compartidas
  • Fibra 300 Mbps

  • Móbil 50Gb + Chamadas ilimitadas

  • Teléfono fixo

  • Netflix4 Meses GRATIS

39'95€/mes
IVE inc.
  • Fibra 600 Mbps

  • Móbil 50Gb + Chamadas ilimitadas

  • Teléfono fixo

  • Netflix4 Meses GRATIS

42'95€/mes
IVE inc.
  • Fibra 300 Mbps

  • Móbil 150Gb + Chamadas ilimitadas

  • Teléfono fixo

  • Netflix4 Meses GRATIS

47'95€/mes
IVE inc.
  • Fibra 600 Mbps

  • Móbil 150Gb + Chamadas ilimitadas

  • Teléfono fixo

  • Netflix4 Meses GRATIS

50'95€/mes
IVE inc.

Precisas algo diferente? Podemos crear unha tarifa personalizada con Fibra, Móbil, Fixo, TV ou os servizos que necesites!

Quero unha tarifa personalizada

Lembra que se contratas fibra e móbil desfrutarás do noso mellor prezo e de maneira definitiva.

Escolle a combinación máis axeitada para ti ou, se o prefires, chamámoste. Non quedes con dúbidas.

Chamádeme
Comproba se a Fibra de Toxo chega ata a túa casa

Por qué contratar Fibra e Móbil con Toxo?

Ofrecémosche o noso mellor prezo dende o comezo, sexas un novo cliente o leves xa un tempo con nós.
Desfrutarás da máxima velocidade en fibra: ata 1 Gbps. E dende o comezo, co noso mellor prezo.
A fume de carozo. Os nosos instaladores poñerán a fibra na túa casa antes de que decates!
Mudarte a Toxo non che vai custar case nada. A instalación e o router... sáenche de balde!
Os nosos clientes recoméndannos. Só tes que ver as reseñas coa súa experiencia para rematar de convencerte.
Queremos que aforres ó máximo, por iso temos unha morea de ofertas con fibra + móbil e outros servizos.

Funcionalidades

Comparte GB entre as túas liñas

Compartir as GB entre as liñas móbiles dos teus paquetes de fibra e móbil.

MultiSIM

Comparte a túa tarifa de datos e chamadas con calquera dos teus dispositivos.

eSIM

A eSIM é a evolución da tarxeta SIM. Comproba se o teu dispositivo é compatible coa tecnoloxía.

Dúbidas máis frecuentes

Tanto a instalación coma o router son gratuitos. Só che pedimos a cambio que non nos deixes en 12 meses.

Adoitamos recomendar para un domicilio 300Mbps, pero se es un gamer, non te asustes, temos ata 1 Gbps para que te defendas antes do ataque dos teus amigos. Se o teu caso é o teletraballo, 600 Mbps é máis que suficiente.

Despois da contratación, enviarémoste a túa nova tarxeta SIM entre 48h e 72h despois no enderezo que nos indiques. Cando teñas a túa tarxeta, portaremos o teu número dende o teu operador actual de madrugada (entre as 2:00 e as 6:00), de forma que nunca te quedes sen servizo. Pola mañá só terás que introducir a túa nova SIM e listo.

Cando chegues ó limite de datos da túa tarifa poderás seguir navegando a unha velocidade menor. Se o precisas, poderás contratar bonos adicionais de GB a través de Atención ó Cliente.

Tanto se é unha portabilidade coma un alta nova, a túa SIM activarase automáticamente. Se fixeches unha portabilidade, activarase unha vez se faga o cambio de compañía. No caso de que solicitases un número novo, activarase cando a introduzas no teu teléfono móbil e fagas unha chamada a calquera número de teléfono.

CGNAT é unha tecnoloxía utilizada para alongar o tempo de vida das direccións IP, que nos permite conectar a Internet varios equipos usando únicamente unha dirección IP. Se precisas ter unha IP pública fora de CGNAT, porque precisas monitorizar cámaras, abrir portos, etc, ponte en contacto con atención ó cliente e asignarémoscha de forma gratuita.

Axudámosche na túa contratación

Non quedes con dúbidas, botámosche unha man para escoller a opción que máis che conveña.