Preguntas frecuentes

Teño permanencia se contrato fibra?

Si, tódalas contratación de fibra conlevan un compromiso de permanencia de 12 meses. Esto vai vinculado o custe de instalación o cal no se repercute ó cliente no momento da alta. No caso de baixa anticipada o cliente debe facerse cargo de dito custe (150€ +impostos).

Vou ter cobertura móbil con Toxo?

Toxo Telecom traballa con triple cobertura Orange/Yoigo/Movistar.

Podo contratar Gb adicináis se consumo os da miña tarifa?

Si, poderás contratar bonos extra de 500Mb, 1GB, 3GB ou 5GB de datos móbiles.

Como activo a SIM de Toxo?

A SIM activarase 48h laborais unha vez recibamos a documentación no caso de portabilidade móbil ou 48h laborables despois de rematar a instalación da fibra no caso de produto converxente.

Como podo activar e desactivar o Roaming?

Chama ó 222 ou ó 602247247 para solicitar que o activemos.

Existen limitacións no uso do Roaming?

Dende o 15 de xuño de 2017, as condicións da tarifa dentro da Unión Europea son as mesmas que en España, consulta as políticas de uso razoable vixentes chamando ó 602 247 247, xa que o teu bono de datos ten un uso acotado no extranxeiro. Só quedan excluidas as chamadas a servicios de tarificación adicional (80x y SMS/MMS premium), videochamadas e operadores baixo cobertura marítima, aérea e satélites.

Usamos tecnoloxía CG-NAT?

Si utilizamos tecnoloxía CG-NAT. Isto só che afecta se queres redirixir portos dende o teu router. Se en algún momento o necesitas, só tes que pedirnos unha IP pública e a asignamos de forma gratuita.

Que pasa se perdo ou bloqueo a miña tarxeta SIM?

Se a túa tarxeta queda inutilizada ou a perdes, podémosche mandar un duplicado o cal ten un coste de 6€.