DESFRUTA DAS NOSAS TARIFAS CON FILMIN

Fibra 600Mbps e 40Gb

  • Fibra 600Gb

  • Móbil 40Gb + Chamadas ilimitadas

  • Teléfono fixo

  • Filmin

39'95€/mes
IVE inc.

Fibra 1Gbps e 80Gb

  • Fibra 1000Gb

  • Móbil 80Gb + Chamadas ilimitadas

  • Teléfono fixo

  • Filmin

46'95€/mes
IVE inc.

Fibra 600Mbps e 120Gb

  • Fibra 600Gb

  • Móbil 120Gb (A COMPARTIR CON ATA 3 LIÑAS) + Chamadas ilimitadas

  • Teléfono fixo

  • Filmin

47'95€/mes
IVE inc.

Fibra 1Gbps e 120Gb

  • Fibra 1000Gb

  • Móbil 120Gb (A COMPARTIR CON ATA 3 LIÑAS) + Chamadas ilimitadas

  • Teléfono fixo

  • Filmin

52'95€/mes
IVE inc.

Por qué FILMIN?

A nosa aposta polo contido en galego é firme, por iso queremos ofrecerche un servizo de calidade e en galego xunto con Filmin.

Filmin é unha plataforma de streaming que entre o seu amplo catálogo ofrece unha gran selección de películas e series en galego, tanto de producción local como internacional, dobradas ou subtituladas en galego.

Centos de títulos en galego

Incluíndo películas, series, documentais e curtas, converténdose nunha das plataformas máis grandes en canto a contido en galego.

+18.000 títulos en total

Incluíndo películas, series e documentais e curtas de todo o mundo. Isto convértea nunha das plataformas de streaming con máis diversidade de contidos, abarcando múltiples xéneros e estilos de produción.

Contratar

Resolvemos as túas dúbidas sobre Filmin e Toxo

Con Filmin agárdante máis de 500 series e 10.000 películas de cinema independente, galego, cinema de festivais, estreas, clásicos, documentais e musicais. Ademais, conta cunha sección infantil e para toda a familia.

A plataforma está integrada en Agile TV e podes desfrutala esteas onde esteas no teu móbil, tableta (Android, iOS), ordenador (PC, Mac), PlayStation e moitos outros dispositivos, cun máximo de 5 perfís e 2 reproducións simultáneas.

As tarifas de Toxo con Filmin teñen unha duración inicial de 12 meses. Durante este período, gozarás dos nosos servizos de telecomunicacións e da subscrición a Filmin. Unha vez rematados os 12 meses, o prezo da tarifa axustarase á modalidade sen Filmin. A túa subscrición a Filmin manterase activa e pasará a ser facturada directamente por Filmin, cun 10% de desconto exclusivo por seres cliente de Toxo, sen necesidade de realizar ningunha xestión adicional pola túa parte.

Unha vez se confirme a activación do servizo de Fibra e Móbil ou só Móbil, recibirás un correo electrónico cun código de activación e as instrucións detalladas para activar Filmin facilmente.

Se xa tes unha conta de Filmin, só terás que activar o código que che facilitaremos. Durante os próximos 12 meses, Filmin non che cobrará polo servizo, xa que estará integrado na túa factura de Toxo. Ademais, gozarás dun 10% de desconto na túa subscrición unha vez rematen os 12 meses, se decides continuar co servizo directamente con Filmin.

Filmin permíteche ter ata 5 dispositivos rexistrados e realizar ata 2 reproducións simultáneas. Non está dispoñible para dispositivos rooteados ou con jailbreak. Ademais de ver os contidos a través de Agile TV, podes acceder a Filmin dende os seguintes dispositivos compatibles sen necesidade de descodificador:

  • Smart TVs LG e Samsung (modelos a partir de 2012).
  • Smart TVs Sony, Philips e Sharp con Android TV.
  • Móbiles e tabletas iOS e Android.
  • PC e Mac.
  • Chromecast e Apple TV.
  • Dispositivos Amazon (Fire TV Basic Edition, Fire TV Stick 2ª xeración e Fire TV Stick 4K).
  • PlayStation.
  • Ademais, podes ver o contido completo a través da aplicación de Filmin e na web filmin.es

O cargo do servizo de Filmin aparecerá desglosado na túa factura de Toxo, de maneira clara, xunto cos outros servizos que contrates.

Para solucionar problemas técnicos ou consultar información xeral e comercial sobre Filmin, contacta enviando un correo electrónico a contacto@filmin.es. Ten en conta que Filmin non dispón de atención telefónica e xestiona todas as consultas a través deste correo.

Cómo contratar unha tarifa Toxo + FILMIN?

Podes facer a túa compra por teléfono ou en calquera das nosas tendas. Recibirás un correo coa confirmación da túa solicitude, onde terás tódolos detalles da tarifa contratada.

Podes facer a túa compra por teléfono ou en calquera das nosas tendas. Recibirás un correo coa confirmación da túa solicitude, onde terás tódolos detalles da tarifa contratada.

Queres que che axudemos por teléfono?

Botámosche unha man e resolvemos tódalas dúbidas que poidas ter.