Elisa e Marcela: a historia do primeiro matrimonio entre dúas mulleres

En Toxo gustaríanos vivir nun mundo onde amar libremente fose tan sinxelo como conectar o WiFi. Pero a historia recórdanos que non sempre foi así...
O primeiro matrimonio homosexual documentado en España
Cando pensamos en historias de amor que fixeron historia, a de Elisa e Marcela brilla con forza. En 1901, estas dúas mulleres galegas conseguiron casar na Coruña, facendo pasar a Elisa por Mario —un home ficticio creado para burlar o sistema— e converténdose así na primeira parella homosexual en contraer matrimonio relixioso documentado no Estado español.
Un acto de amor... e de resistencia
A súa unión non foi só unha mostra de valentía amorosa, senón un acto político sen precedentes. Elisa Sánchez Loriga e Marcela Gracia Ibeas coñecéronse sendo mestras e o seu amor medrou entre aulas e miradas cómplices, ata que decidiron vivir xuntas. A sociedade da época non lles puxo fácil as cousas: sufriron persecución, foron expulsadas das súas escolas. Tiveron que fuxir a Portugal logo de seren denunciadas, onde foron detidas. Acabadon en Arxentina, onde finalmente perderon o rastro público.
A pegada na historia LGTBI+
Hoxe, máis dun século despois, Elisa e Marcela son consideradas símbolos da loita polos dereitos LGTBI+ e pola liberdade de amar quen queiras, sen importar o xénero. A súa historia foi ocultada durante moito tempo, mais nos últimos anos recuperouse grazas ao traballo de historiadores e activistas.
O filme que recuperou a súa historia
En 2019, Isabel Coixet levou a súa historia á gran pantalla con Elisa y Marcela, un filme que se pode ver en Netflix e que narra con sensibilidade e beleza os atrancos que tiveron que superar estas dúas mulleres para vivir o seu amor. A película, en branco e negro, é unha homenaxe á coraxe e unha chamada á memoria.
Se aínda non a viches, recomendámoscha moito. Porque contar estas historias tamén é unha forma de construír un presente máis xusto.
Por que falamos disto en Toxo?
Porque en Toxo Telecom cremos nunha tecnoloxía que conecta, pero tamén en valores que unen. Apostamos polo orgullo, pola liberdade, pola diversidade e por unha Galicia onde todas as persoas poidan vivir e amar con dignidade.